Davide Rodriguez recriminaba no pleno do Parlamento que a Xunta suplía o peche de vixilancias móbiles, de casetas, a ocupación de vacantes nas brigadas de extincion… coa contratación de organismos como a UME.
Datos:
 A Xunta destinou entre 2016 e 2017 máis dun millón a convenios coa UME.
 O ano pasado houbo en Galiza máis de 3000 lumes. O despliegue da Operacion Centinela, con 450 efectivos da UME, resolveu 243 (non chega ao 8%).
 Polo custe da Operacion Centinela poderiamos ter durante o verán 22 brigadas de vixilancia móbil. Brigadas que, aparte de disuadir apagan, cousa que a Operacion Centinela non fai.
 De verdade unha base da UME en Ourense é a mellor solución que se lle ocorre ao PP??
 Avións que pertencen ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (que foi quen os mercou), están en posesión do exercito (que é quen os usa). Para o PP é unha boa solución. Para nos, UN GASTO MILITAR ENCUBERTO.
So dende o descoñecemento técnico se poden defender as actuacións da UME e a Operación Centinela nos nosos montes.
 PRECISAMOS UN SERVIZO UNICO, PUBLICO, PROFESIONAL E CIVIL. Precisamos protocolos claros, maior coordinación, afortalar e mellorar os servizos públicos de emerxencias… EXCUSAMOS Á UME!!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.