Dende a primeira detección de positivos da couza da pataca, o avance da praga foi intensa, como era previsible e as medidas da xunta aparte de xustiñas, ineficaces.

En Muxía, Medio Rural detectou tres casos en plantacións de autoconsumo, converténdose esta localidade da Costa da Morte no primeiro lugar no que se detectan casos de couza guatemalteca fóra das zonas de protección que quedaron establecidas o pasado ano en 31 concellos de Ferrolterra e a Mariña lucense. Descoñécese cal foi a vía de entrada da praga en Muxía, quer por estrada quer por mar, pero en todo caso a realidade é que as medidas e controis establecidos polo Goberno galego demostráronse insuficientes para frear a expansión da couza guatemalteca.

O 2 de marzo do ano 2017, na comisión de Medio Rural aprobouse por unanimidade unha iniciativa de En Marea onde entre outras cousas se aprobou a creación dunha mesa de análise da problemática onde se lle informaría as deputadas e deputados dos acordos alá tomados.

A día de hoxe, e un ano despois, solo tivemos un informe desa comisión de seguimento.

E así nos vai.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.