Hoxe visitamos a vila de San Vicente en Vilamartín de Valdeorras. Estampa Berlangariana en estado puro.

Estivemos o carón das veciñas e veciños, que nos contaron de primeira man, a situación dantesca que están a vivir.
En pleno S. XXI, na lexislatura do rural (según Feijoo), a 21 persoas (algunha en idade escolar) córtanlle a principal vía de acceso as súas vivendas, as súas fincas, a súa vida…
Coméntannos que esta situación remóntase a unha antiga concesión mineira que fai anos arrasou todo e incluso ameazou as e os habitantes de San Vicente.
Con tristura din que hai servizos básicos como o butano ou o pan que se resisten a levar os seus produtos por mor do dificultoso traxecto alternativo, que ademais de longo, é perigoso.

Señores gobernantes… deixen o pretexto do marco competencial a unha beira e dean unha solución urxente a estas persoas. É de extrema necesidade. Se non…quedará cortar o acceso a Monte Pío.

Aquí temos o testemuño dun veciño de San Vicente de Leira, no Concello de Vilamartín de Valdeorras, sobre as dificultades as que se enfrontan cada día por mor do peche da estrada principal da entrada a súa aldea.

• Pasaron de 1.1 km a 4 km
• Pasaron de ter 24 m de desnivel a ter 230m.
• Teñen pendentes de máis do 25%, polo que moitos servizos, deixan de ir a San Vicente por mor da perigosidade do trazado.

Dende En Marea poñémonos a vosa enteira disposición.

Forza!!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.