Xunto cos deputados e deputadas da formación e o voceiro Luís Villares,, veñen de presentar una Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión.

No texto da proposición, apuntan ao gran dano ambiental que a planta asfáltica de produción de mesturas bituminosas (planta de asfalto en quente) produciría, tanto para a saúde das persoas coma dos animais e mesmo do entorno.

No seu momento, o concello de Xinzo denegara a instalación da planta ao carecer de licenza e pola firme oposición da veciñanza dos pobos, mais agora a Xunta emitiu un informe sectorial favorable á instalación da mesma e o concello outorgoulle a licenza.

Para o deputado autonómico, a instalación da planta asfáltica conlevará problemas respiratorios, alteracións e malformacións nos fetos, aumento da incidencia do cancro polo emprego de produtos altamente canceríxenos, enfermidades das propias traballadoras da planta, afectación das augas superficiais e subterráneas, que se converterán en choiva ácida, contaminación do aire, ademais de producir un consumo de máis de 23.000 litros de auga cada hora, que non se empregan no proceso produtivo pero si para limpar ós áridos empregados posteriormente; auga sucia que despois de empregarse hai que tratar e evacuar e que afectará de xeito significativo ao solo e subsolo, afectando polo tanto ao sector agro-gandeiro por afectación dos montes e das fincas. Ademais, afectará por proximidade á zona ZEPA (pertencente á Rede Natura).

Suporá tamén, afirman as deputadas de En Marea “o paso pola estrada de 12 camións cada hora con produto rematado, ca conseguinte perturbación en ruídos e molestias á veciñanza, o deterioro da estrada polo tráfico pesado e os problemas que se causarán na circulación ao seu paso polas poboacións”.

Ante esta situación, desde En Marea presentaron unha Proposición non de Lei onde instan á Xunta a paralizar e denegar a licenza das obras de instalación da planta asfáltica tal como se presenta, así como estudar con tecnicos/as o posible impacto dos axentes canceríxenos derivados do uso dos produtos na planta de bitumasas e manter reunións con tódolos axentes implicados (veciñanza, concello, sector gandeiro e agrario, etc) a fin de ter en conta o seu posicionamento, estudando outros posibles emprazamentos de ser posible.

Tamén prantexan o estudo do impacto ambiental que ocasionaría, da afectación ás traballadoras e do impacto socioeconómico, así como o custo do seu desmantelamento futuro, o tratamento das augas residuais e a reparación do ecosistema afectado.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.