A Provincia e a Cidade de Ourense, as grandes esquecidas dos orzamentos da Xunta.

A 3ª cidade máis grande de Galiza só recibe o 7% de orzamento das 7 grandes cidades. Isto é o que a provincia conta para o executivo Feijoo.

A Xunta ten claras as súas prioridades nos orzamentos: contempla unha partida “clara e suficiente” para comezar as obras do parque acuático no 2020 sucumbindo ás pretensións de Jácome, namentres esquece asuntos vitais como a construción do CAPD (levamos un atraso de tres anos), sendo a única provincia galega que non conta cun centro destas características e non asegurando que a súa xestión sexa pública.

Volvemos a ter unha provincia á cola en investimentos, e os poucos que se reflicten non van orientados a atallar os grandes problemas estruturais que temos:

  • Despoboamento.
  • Falta dun sector primario agro gandeiro forte.
  • Incendios e Medio Ambiente.
  • Infraestruturas (Viarias e ferrocarril) .
  • A industria e as potencialidades da provincia (as grandes esquecidas).
  • Con estes orzamento non blindamos os servizos esenciais de educación, sanidade e dependencia. Servizos que están a ser debilitados e que deberan de ser públicos ao 100%.

Con estes orzamentos Feijoo volve a discriminar a cidade e a provincia de Ourense.

Dende En Marea comezamos a traballar nas enmendas totais e parciais. Non nos resignamos!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.