Quedan un mes máis ou menos para que comecen a traballar os fixos descontinuos do SPDCIF e queda un mes máis ou menos para que (por desgraza) volvan os lumes xa da primavera os nosos montes. Recordemos que o ano pasado, entre marzo e abril asistimos a unha imparable escalada nas hectáreas ardidas en Galiza superando as 2000.
A un mes de que volvan os lumes aínda non se activou ningunha das 30 medidas máxicas de Feijoo, cos lumes a porta.

A gran meirande parte dos concellos afectados polos incendios forestais e agora por arrastres, que non son de cor azul escuro no mapa da Galiza, aínda están esperando, a día de hoxe, unha chamada dos responsables políticos deste país interesándose por como están as súas vilas e montes despois de semellante catástrofe.

En Marea preguntou no pleno do día 20 de decembro se está a Xunta de Galicia a analizar distintos elementos nas augas e nos sedimentos das zonas afectadas pola recente vaga de lumes forestais. A Sra. Conselleira non respostou.

Na comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, En Marea, levou unha Proposición non de lei sobre a elaboración polo Goberno galego de protocolos de actuación para as zonas queimadas polos incendios forestais. O Partido Popular votou en contra.

Agora ben, o negocio do lume vai pechando o ciclo nos intereses do Partido Popular.

Logo virá a conselleira a dicirnos aquí os cartos que se adicaron a paliar estes danos pero non informarán do resultado.

E todo así…

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.