O Concello de Sobrado solicitou en xaneiro 2018 unha poda que afectaba a 38 árbores situados no Campo da feira das Cruces, así como a retirada dos pequenos muros de pedra de lastro, arredor do tronco das árbores no chan e que empeoran a súa situación. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural non se opuxo as podas coidadosas no terreos qeu conforman os BIC’s, mentres que sexan podas e non corta das árbores polo pé.

Non consta no expediente informe de axente forestal nin municipal a respecto.

O Servizo de Protección do Camiño comproba que no lugar das Cruces se cortaron polo menos tres dos carballos existentes nesta carballeira, tres árbores de moi bo porte (con máis de 60 centímetros de diámetro) e á vista dos cortes, madeira verde.

Dos pequenos muros só se retirou un. Tampouco se realizou a poda en todas as árbores.

O decreto 158/2014, do 27 de novembro, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa protexe as parcelas, que forman parte do territorio histórico BIC.

Trátase do tramo da ruta que pasa polo Campo da Feira de Cruces e o
conxunto da carballeira, a capela e cruceiro de San Roque. Este
conxunto tradicional figura tamén protexido no catálogo do Plan xeral de
ordenación municipal (PXOM) de Sobrado, e incorporado como ben catalogado protexido pola Consellaría de Cultura.

Esta actuación supuxo un dano significativo a esta carballeira, protexida e catalogada, que forma parte do territorio histórico do Camiño de Santiago e pola que discorre o propio trazado oficial da ruta BIC e declarado patrimonio da Humanidade.


Por iso, dende En Marea pedímoslle a Xunta que nos informe por que se cortaron os carballos na Carballeira do Campo Feira das Cruces, Concello de Sobrado, que acrediten que existían os informes de Patrimonio que amparan a corta destes carballos, e que a corta se fixo contando con todos os permisos o mesmo tempo que esixiremos responsabilidades a quen corresponda pola tala destas.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.