Entre os vertidos que soporta o río Furelos produciuse nos días 12,13 e 14 de xullo, un de consecuencias ambientais nefastas, ao morrer 10.000 troitas. Non se sabe que tipo de medidas se adoptaron para que non se sigan producindo os vertidos.

Esta zona ademais é Rede Natura 2000, o LIC de O Careón, especialmente protexida malia que é carente de saneamento todo o polígono industrial da Madanela. Os vertidos chegan ao Río Furelos a través do seu afluente Rego de Piñor.

A láctea DAYRLAC S.L., conformada por a cooperativa Aira, a industria con sede en Melide que lideran as cooperativas Icos (Chantada), Codeira (Portomarín), Larsugal (Melide) ten no consello de Administración á propia Xunta que participa a través de Xesgalicia, é a presuntamente a responsable do vertido.

A Consellería de Medio Ambiente incoa un proceso sancionador solidariamente contra concello de Melide e contra a empresa pola comisión dunha infracción administrativa grave en materia de pesca fluvial, que implica sancións desde os 3001 ata os 30.000 euros ademais da indemnización correspondente polos danos e prexuízos causados.

Esta empresa recibe moitas subvencións da Xunta de Galicia, a través do IGAPE e Xesgalicia. O desastre do que se fixeron eco os medios de comunicación debeu chegar a oídos da Xunta quen comunicou que procedería a veda da pesca no río mais non decidiu cando nin que outras medidas para que non se sigan producindo os vertidos, nin as medidas para paliar os efectos na saúde da poboación nin do medio ambiente.

Dáse, ademais, a casualidade que unha das persoas que foi representante do goberno da Xunta no Consello de Administración da empresa láctea, acusada de ser a responsable da vertedura DAYRLAC SL, é agora a Directora Xeral de Patrimonio Natural na Consellería de Medio Ambiente, e será a persoa que instruirá os expedientes sancionadores, co que a imparcialidade está máis que cuestionada.

Vimos de rexistrar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei para que esta revise a inversión na Sociedade cando provocan danos ao Medio Ambiente e ao Patrimonio Natural do país, retirar as axudas correspondentes, xa que non poden os contribuíntes pagar o dano que causa unha empresa, e adoptar as medidas necesarias para a depuración de augas no marco da Directiva 91/271/CEE do Consello, de 21 de maio de 1991, sobre o tratamento das augas residuais urbanas.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.