Estradas, vías do tren ou parques están a ser fumigados estes días por distintas administracións, tanto estatais como autonómicas, provinciais ou municipais por toda a Galiza, o que fai que penetre no solo, fíltrase á auga e os seus residuos permanecen nos cultivos durante anos, afectando e moi seriamente a fauna e flora, e por extensión, acaba nos alimentos que consumimos e na auga que bebemos.

Dende distintas organizacións tense denunciando os potenciais efectos daniños do glifosato para a saúde humana, pero nunca se chegaron a tomar medidas.

Ademais de sobre a nosa saúde, o uso do glifosato ten graves impactos sobre o medio ambiente, pois contamina os solos e a auga e afecta a outros seres vivos (organismos acuáticos, dende algas microscópicas ata peixes e moluscos, pasando tamén polas ras e os seus cágados, e organismos do solo como as miñocas, fundamentais para manter e incrementar a fertilidade do solo).

O uso do glifosato tamén reduce a diversidade e cantidade de especies vexetais e por isto pode afectar a seres vivos cruciais para a agricultura, como son os polinizadores.

As presións da industria dos agroquímicos e transxénicos conseguiu que en Europa o glifosato siga estando autorizado, contra as cada vez máis fortes evidencias da súa toxicidade. Nestes anos, a Comisión Europea adiou xa varias veces a decisión sobre a re-autorización do glifosato ou a súa prohibición definitiva.

O estado español e a Xunta de Galicia son uns dos máis firmes defensores deste veleno.

Acabamos de instar a Xunta de Galicia que deixe de usar este perigoso herbicida.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.