O sector gandeiro na Galiza, hoxe, está a verse seriamente perxudicado polos ataques de fauna salvaxe.

As desfeitas causadas nas leiras polos xabarís, debido á unha superpoboación engádese agora o dos ataques de fauna salvaxe.

A principal reclamación é que se paguen todos os danos froito destes ataques, tal e como expresou a Unión Europea, de que os ataques provocados por os grandes carnívoros como os lobos, osos, linces e glotóns son especies protexidas en Europa e conforman o anexo da Directiva Hábitat 92/43/EEC.

Dende o sector gandeiro recálcase a importancia destas axudas para acadar un nivel de convivencia aceptable coa fauna salvaxe e fomentar medidas preventivas que permitan unha adecuada xestión da situación actual. Para acadar esta situación compre acordar co sector as medidas e realizar as xestións de goberno necesarias para garantir a participación das entidades representantes do sector na toma de decisións e na elaboración dos textos lexislativos.

Lamentablemente, logo de múltiples reunións e intentos de achegar á consellería as propostas do sector sobre a orientación das axudas, a orde de axudas publicada adoece de realidade e queda nun papel mollado que non suporá a aplicación práctica de medidas para evitar os ataques de fauna salvaxe en Galicia. A axuda está mal planificada de orixe e con cambios, respecto das últimas publicadas en 2017, que van en contra das propostas presentadas e da realidade do rural.

Por todo isto, o Grupo Parlamentario de En Marea presentou hoxe en comisión unha proposición non de lei para Axilizar a xestión dos partes pos parte dos servizos veterinarios correspondentes, a fin de que os depredadores, nun segundo ataque fagan desaparecer a peza, pagar o 100% da perda incrementado no lucro cesante, de tratarse de femias reprodutoras ou ampliar a liña de axudas para adquisición de cans de garda, liñas electrificadas, e outros sistemas que axuden a paliar os ataques destes depredadores.

Xa saben vostedes quen votou en contra.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.