Hoxe, nas Oficinas Agrarias Comarcais da Galiza traballan máis de 300 profesionais entre veterinarias, enxeñeiras agrónomas, enxeñeiras técnicas agrícolas e persoal administrativo divididas nas case 70 oficinas agrarias comarcais distribuídas por todo o país.

Nos momentos actuais de crise dos sectores agro e gandeiros, a Consellería non é quen de dotar de persoal suficiente nin material ás oficinas agrarias comarcais.

Isto, a día de hoxe, vese agravado polo feito de que vén de abrirse o prazo para tramitar as axudas da PAC e, en pouco tempo, comezarán as campañas para solicitar subvencións como as de novas incorporacións, os plans de mellora, etc…


Fai duas semanas, no parlamento galego aprobouse unha uniciativa de En Marea onde se instou a Xunta de Galicia a cubrir as vacantes da Oficina Agraria Comarcal de Xinzo de Limia. A sorpresa? Chega cando onte sae publicado do DOG que este persoal ven da man dunha empresa privada.

Este caso non é illado, as OACs foron perdendo, co paso dos anos, o seu importante labor de formación e asesoramento para as nosas granxas e explotacións, reducíndose o seu indispensable rol para o noso agro á mera burocracia, e así se viu esta semana cando dende a OAC de Lugo cando a Xunta de Persoal Funcionario da Xunta de Galicia enviou unha carta ao conselleiro do Medio Rural, ao director xeral da Función Pública e ao delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo para esixirlles que se dote de forma urxente á Oficina Agraria Comarcal de Lugo do persoal que por diferentes causas foi cesando e que aínda non foi substituído.

Así non señores do Partido Popular. Abran as listas de contratación e cubran estas vacantes con persoal público!!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.