O Parque da Natureza do Lago Castiñeiras está situado no outeiro do monte San Xulián, en Cotorredondo (Pontevedra).

Emprazado na zona central da Península do Morrazo, pertence a dous termos municipais: Concello de Marín (na parte Norte) e Concello de Vilaboa (cara ó Sur). Ocupa na actualidade unha superficie de 70 Ha, e se atopa a unha altitude media de 400 m. sobre o nivel do mar.

No parque existen interesantes xacementos arqueolóxicos do período Megalítico e da Idade do Bronce, como mámoas e petróglifos, que conforman o chamado “Chan de Castiñeiras”, presidido pola “Mámoa do Rei”, unha das máis grandes de Galicia, recentemente restaurada e constitúe unha importante zona de refuxio e cría para centos de especies de animais silvestres. No lago crían de xeito estable parrulos, e os regatos que o alimentan e a xunqueira acollen zonas preservadas para a cría de numerosos anfibios.

Un contorno forestal diverso atrae a ducias de especies de aves en todas as épocas do ano, e son cada vez máis frecuentes as visitas de mamíferos que nos deixan o sinal do seu paso nas pegadas e rastros que podemos atopar.

No interior do parque pódense atopar máis de 40 especies diferentes de árbores e arbustos, así como plantas, fieitos, musgos, liques, fungos e algúns cogomelos.

O longo deste ano, ocorreron unha serie de desfeitas medioambientais que nos preocupan e moito, non só polo estrago medio ambiental que alá se consentiu, senón tamén polo cambio das actividades respectuosas co medio que alá se estaban a desenrolar.

Na propia execución das pistas houbo movementos de terra moi grandes (posiblemente coa chegada das choivas se produzan escorrentías), cortáronse árbores, craváronse sinais en patrimonio natural, así como o abandono de múltiple material como poden ser palots de obra ou bidóns baleiros.

Estando a favor da práctica do deporte, esta nunca ten que ir en contra do noso medio natural, senón que ten que ser todo o contrario. Deporte…por suposto, pero co máximo respecto o medio.

Calquera celebración dun acto neste entorno, debe de desenrolarse mediante orde, estando suxeito ao correspondente instrumento de planificación, ordenación ou xestión do mesmo.

Visto que a día de hoxe se seguen a realizar obras non respectuosas co medio natural no Parque da Natureza de Cotorredondo, dende En Marea preguntamoslle a Xunta de Galicia si é coñecedora a Consellería de Medio Ambiente destas obras e que pensa facer para restaurar estes terreos.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.