Para limitar o risco de erosión post-incendio cómpre tomar un conxunto de decisións e realizar una serie de actuacións no menor tempo posible antes de que as primeiras chuvias desencadeen os peores efectos.

Este complexo labor require unha planificación que estableza con claridade os puntos esenciais a considerar, as accións a acometer e a súa secuencia de execución. Nese contexto, os protocolos son instrumentos útiles que axudan a organizar as actuacións.

Os incendios forestais constitúen unha das perturbacións máis frecuentes e importantes que sofren os ecosistemas forestais de Galicia. Cando, tras o lume, conflúen nunha área queimada de relevo pronunciado, altos niveis de perturbación no solo e na vexetación e elevadas precipitacións, existe un risco potencial de fortes alteracións na resposta hidrolóxica das bacías afectadas, con grandes aumentos na escorredura superficial e episodios erosivos intensos.

Estes fenómenos favorecen a degradación do solo, un recurso fundamental para o mantemento da calidade e produtividade do ecosistema afectado, podendo ademais orixinar riadas e inundacións, con ameaza para as vidas humanas, infraestruturas e diversos recursos valiosos dentro e fóra da área queimada.

Pero ante esta boa nova, dende En Marea, somos conscientes de que en determinadas zonas con figura de protección medioambiental estase a botar sementes que hoxe, Conservación da Natureza, ten prohibida a súa implantación, é, que o custe elevado desta práctica, serviría para aumentar o gasto de prevención e non ter que lamentar a erosión do chan queimado nunha escorrentía.

Dende En Marea vimos de instar á Xunta de Galiza a elaborar un informe sobre a figura de protección medioambiental onde se vai a realizar a práctica do “heomulching” para saber si procede a mesma e a elaborar unha análise do material que se vai a utilizar no “heomulching” por si vai a ser perxudicial para a flora autóctona.

Do mesmo xeito procedemos a lembrarlle á Xunta de Galiza que mellor que todo isto sería destinar máis medios a prevención e defensa dos nosos montes mediante o SPDCIF.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.