Hoxe, na “Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia”, tivemos as comparecencias de D. Juan Manuel Andrade Calvo (Fundación Juana de Vega) e de D. José Manuel Busto Lago (Catedrático de Dereito Civil da UDC).

Os comparecentes deixaron claro que a Administración Autonómica non cumpriu coas súas obrigas no momento de aplicar a lexislación vixente, e tamén deixaron latente a ineficacia de algunhas ferramentas que hoxe ten a Consellería de Medio Rural como poden ser as SOFOR.

Dende En Marea trasladamos preguntas tales como si sería bo unha mellor regulación dos montes abertais como forma de copropiedade romana podería dar lugar a un mellor aproveitamento da propiedade rústica ou si tendo en conta a lexislación de MMVVMC de Galicia se podería facer algunha reforma que implique unha maior e mellor participación dos comuneiros da xestión do monte veciñal en man común.

A ver…

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.