Nado en Manzaneda no ano 1978, estudou Bacharelato na Pobra de Trives.

Traballador do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta de Galicia como Bombeiro Forestal, corpo do que forma parte actualmente, aínda que está en excedencia por ocupar un cargo público.

Foi alcalde do Concello de Manzaneda desde 2009 o no 2016 obtendo dúas maiorías absolutas.

Membro do grupo de música de Rock Bravú Cuchufellos, na que tocaba a guitarra eléctrica e coa que publicou tres discos.

Pai de dúas nenas. No ano 2013 funda xunto con outras 9 socias e socios a cooperativa Amarelante Soc. Coop. Galega, dedicada á explotación comunitaria da terra, na que transforman castaña.

Actualmente, e dende o ano 2016 é deputado de En Marea no parlamento de Galiza pola provincia de Ourense, sendo secretario da Comisión do Estatuto dos Deputados, vocal da recente rematada Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia, avaliando a experiencia acumulada dende 2006 e, especificamente, a extraordinaria vaga de lumes que vén de sufrir Galicia en outubro de 2017, e portavoz da comisión de agricultura, gandaría, alimentación e montes.