O Parlamento de Galicia vén de aprobar a proposta de En Marea de solicitar ao Ministerio de Fomento a través da Xunta a solicitude de cesión de catro vivendas abandonadas e unha parcela anexa, baixo a titularidade de ADIF, para destinalas mediante unha axeitada rehabilitación a uso residencial para maiores.

A propia veciñanza de Borrán, en Vilar de Barrio, levan tempo solicitando esta parcela a ADIF, como lembrou na Comisión 1ª o deputado ourensán Davide Rodríguez, para quen “sería ademais unha boa maneira de compensar a poboación desta zona polos danos ambientais sufridos coas obras do AVE”.

Na iniciativa, En Marea tamén insta á Xunta a axudar á rehabilitación das edificacións mediante a creación dunha partida especifica e executar as obras necesarias de xeito cooperativo e interadministracións, no ámbito das súas competencias entre o Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Vilar de Barrio.

Sobre a parcela anexa, proponse o seu aproveitamento como zona de ocio/zona verde tanto para as persoas residentes no futuro centro como espazo de interacción coa xente da vila.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.