O ex-presidente do sindicato agrario Xóvenes Agricultores, Juan Pérez Miramontes, foi detido por formar parte dunha rede de mulleres. Este delincuente financiaba a trama que captaba vítimas en Paraguai a través dunha “axencia de viaxes”.

Que noxo!!

Alá polo 2016 utilizou cartos públicos subvencionados pola Xunta de Galicia para a compra de locais. Non facía sindicalismo agrario non. Prevaricaba con cartos de todos e todas.

Que noxo!!

E que fixo a Xunta daquela? declarar que non tiña coñecemento da vinculación do sindicalista cos inmobles, algo que o Consello de Contas desmentiu, xa que llo comunicara o seu propio equipo auditor.

Que noxo!!

Hoxe, no pleno do Parlamento de Galicia o Partido Popular non só votou en contra de pedir a devolución destes cartos de tódolos galegos e galegas, tamén votou en contra de condenar as verbas do Presidente Feijoo desexándolle sorte o proxeneta.

Que noxo, que raiba e que impotencia!!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.