A produción de castañas en Galiza, a día de hoxe, non está garantida despois da nefasta campaña que minguou preto dun 70%. Esta redución foi produto da seca, xeadas, pedrazo e vespa do castiñeiro, algo que dende En Marea tiñamos máis que avisado dende fai meses en canto a Consellería de Medio Rural mirou para
outro lado.

Hoxe levei o pleno do Parlamento de Galiza unha Proposición non de Lei onde lle pediamos a Xunta:

1. Facer un estudo real das perdas producidas este ano por mor das inclemencias meteorolóxicas, chancro e avespiña do castiñeiro.

2. Manter unha xuntanza coas organizacións agrarias, así como como con representantes da IXP Castaña de Galicia (esta xa se produciu con posterioridade o rexistro desta proposición non de lei) e con produtoras e produtores, empresas transformadoras e comercializadoras para avaliar os danos e fixar cantidades a indemnizar.

3. Debido a situación de excepcionalidade na que se atopa ó sector, habilitar unha liña de axudas específicas e directas para paliar as enormes perdas sufridas na última campaña.

Que votou o PP? En contra. Nada novo.

-A velutina? Facemos o que podemos.

-A seca? Non damos feito máis.

-15.000 explotacións que perdemos nos últimos 10 anos? Non é culpa nosa.

-As Xeadas? Non podemos facer nada.

-Os Lumes? É unha trama organizada.

-Couza da Pataca? É culpa de Canarias.

Poucas veces ou nunca tivemos unha consellería tan pouco operativa e tan ineficaz. Están a traballar para desmantelar a consellería.

Quédense vostedes na casa que para o que arranxan…

1 comentario

  1. O PP interésalle soamente encher o monte de eucaliptos, para que eo seus amigos de Ence, e a industria forestal enchan os petos e lle paguen a sua comisión pertinente, a biodiversidade, o rural, o medioambiente, etc impórtalles pouco. Creo que o teríamos que ter suficientemente claro todos os galegos, sobre todo os que lle dan voto.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.