A asociación de Enxeñeiros Agrónomos do Estado (ANIADE) querelouse contra a Coordinadora Rexional de Inspección de Sanidade Vexetal que depende da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

A convocatoria publicada no BOE de 30 de xuño de 2017 mediante Resolución de 23 de xuño convocaba un concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes no Ministerio da Presidencia e para as Administracións Territoriais.

Para o posto de coordinación rexional de inspección de sanidade vexetal describíanse as tarefas a realizar:

1.- Coordinación funcional das inspección e controles de sanidade vexetal no ámbito dos intercambios con terceiros países, en aplicación da lexislación comunitaria e nacional de controis fitosanitarios de vexetais e produtos vexetais nas importacións e exportacións
2.- Realización das inspeccións e controis de sanidade vexetal no ámbito do punto 1 cando procedeses
3.- Inspeccións e expedición de certificados fitosanitarios nas exportación e importación de vexetais e produtos vexetais.
4.- Supervisión do mantemento e funcionamento das instalacións, e da homoxeneidade dos controis fitosanitarios efectuados nos PIF, dentro da súa área de coordinación.
5.- Tarefas de valoración doo xustiprezo en fincas rústicas derivado da actuación dos Xurados Provinciais de Expropiación forzosa
6.- Dispoñibilidade en horario de 24 horas.

Entre os requisitos esixidos para o posto con código 937978 non se esixía titulación, inda que o posto corresponde ao grupoo A1 (por tanto licenciados superiores, grado ou diplomatura).

Entre os delitos que lle imputa a Coordinadora da Zona I de Sanidade Vexetal en Pontevedra: falsidade en documento oficial e uso de certificación falsa para a obtención do posto de traballo.

A Asociación sinalou na querela que para acceder á súa praza a Coordinadora presentou documentos que acreditaban a experiencia na aplicación da lexislación comunitaria e nacional en funcións de inspección e control fitosanitario de vexetais e produtos vexetais en réxime de importación e exportación, cando en realidade, podería ser que que nunca tivera e hoxe tampouco o recoñecemento preciso para realizar os controis fitosanitarios nin a traxectoria profesional na materia, aportando un documento acreditativo presuntamente falso.

Ademais, a coordinadora carecería da titulación universitaria para realizar as inspección de Sanidade Vexetal e poder exercer o traballo, nin realizar xamais unha soa inspección fitosanitaria.

A falta de dilixencia da Administración é evidente xa que era coñecedora deste asunto, inda antes da adxudicación do posto en marzo de 2018 e que decidiu non facer ningunha actuación, a sabendas que os principios de mérito e capacidade estaban xa cuestionados, e tamén a correcta eficacia no servizo público.

Isto que parece de perogrullo non o é xa que esta persoa é a responsable na coordinación e toma de decisións nos controis fitosanitarios nos portos e aeroportos, así como no desenvolvemento de procedementos no caso de entrada de organismos nocivos en materia vexetal en toda a rexión fitosanitaria, que inclúe Galicia, Asturias, león, Zamora e Salamanca.

Estamos ante unha situación de risco para o patrimonio natural pola mala xestión e presunto delito por parte de cargos públicos, debido á falta de competencia do coordinador.

Por iso veño de rexistrar unha iniciativa no parlamento no que instaremos a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central a esixir para o desempeño do posto con código 937978 Coordinación Rexional de Inspección de Sanidade Vexetal na provincia de Pontevedra para toda a Zona I, a titulación e formación requirida para a realización do posto de traballo segundo a descrición mesmo, recollida na Resolución de 23 de xuño de 2017 da Subsecretaría, pola que se convoca concurso específico para a provisión de postos de traballo.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.