O pasado mes, o Concello de A Merca, recomendou, vía bando, as veciñas e veciños do concello, non facer uso da auga de abastecemento para consumo humano, ou sexa, nin para beber nin para cociñar con ela, por mor dos altos niveis de trihalometanos que contén.

Nunha recente visita o propio concello co compañeiro Xose Antonio Miranda, puidemos observar como a estación de bombeo está a escasos metros por debaixo da planta de transformación eléctrica, ca posible contaminación cando fan labores de mantemento por non falar do dano medioambiental que están a facer no río Arnoia.

Instamos a Xunta de Galicia a actuar!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.