Dende En Marea respaldamos a mobilización en Ourense contra a privatización do centro de menores de Montealegre

A reapertura do Centro de Menores de Montealegre é unha necesidade, pero a Xunta optou pola xestión privada do mesmo, desaproveitando un patrimonio público, con boas dotacións e impedindo o desenvolvemento da boa labor dos/as profesionais empregados/as da Xunta

👎 Nas cláusulas administrativas non se recolle especificamente a necesidade de contar con persoal algún coa titulación de Educación Social, titulación específica de cara a realizar intervención socioeducativa con estes menores


👍 Dende En Marea instamos a asumir por parte da Xunta a apertura inmediata do Centro de Menores de Montealegre mediante xestión directa de todos os servizos, coa recuperación dos postos amortizados no peche do ano 2012

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.