Hoxe vimos de ter xuntanza con traballadoras das brigadas forestais para demandar melloras no seu servizo e denunciar as carencias que sofren de persoal e de estabilidade laboral das mesmas. Estas carencias repercuten a hora de actuar e dar servizo estas brigadas, pois moitas veces vense desbordadas polo volume de traballo as que son sometidas.
A Xunta ten que responsabilizarse e actuar en consecuencia contratando o persoal suficiente nas brigadas e sobre todo mellorando as políticas forestais e de recuperación do rural actuais a dia de hoxe totalmente inefectivas.
As integrantes das brigadas forestais do Carballiño e de Ourense deron conta da labor que desempeñan ao longo do ano mantendo e coidando os nosos montes e arriscando as súas vidas na loita contra os lumes que ano tras ano son o cranco de Galiza e que aparte do enorme custe económico que supoñen, desgraciadamente tamén supoñen un custo persoal.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.