A praga da pataca ocasionada pola couza guatemalteca (Tecia Solanivora) afectou dunha forma moi dura a diversas zonas de Galicia. En novembro de 2015 Medio Rural recoñecía oficialmente a praga na zona de Ferrol, Narón e Neda e meses despois decretaba tamén a corentena en Viveiro, Xove, Cervo, Foz e O Valadouro, na Mariña lucense. Hoxe, máis de 35 concellos están afectados.

Unha das medidas que se adoptaron foi a que ditou a Resolución do 2 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Esta ampliou as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca e estableceu concellos, ben afectados, ben como zonas tampón.

Considerando que o vindeiro 2 de febreiro de 2019 vanse facer os dous anos mínimos para a aplicación de medidas de control e erradicación da praga impostos polo Real Decreto 197/2017, de 3 de marzo, por el que se establece el Programa nacional de control y erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora (Povolny), dende o grupo parlamentario de En Marea presentamos as seguintes preguntas no parlamento galego para que o goberno aclare que valoración fai sobre a praga nos concellos afectados de Galicia segundo o establecido no artigo 8.1.a do Real Decreto 19/72017, ou que a Xunta de Galicia aclare si vai levantar a prohibición de plantar patacas nas zonas nas que non se detectaron capturas de Tecia solanivora nas trampas dentro dos territorios das zonas afectadas durante os últimos dous anos ou valorar no seu seu caso incluír estes concellos na zona tampón ou na zona libre de praga.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.