Hoxe, o presidente da Deputación de Ourense, D. Jose Manuel Baltar, presentaba os orzamentos da Deputación de Ourense para o vindeiro 2019.

A Deputación de Ourense ven de presentar unhos orzamentos que son os primeiros en aprobar de todo o territorio español. Niso estamos a vangarda, e aínda que a Deputación de Ourense presume desta previsibilidade, organización económica e eficacia na xestión, namentres que dende En Marea observamos xustamente o contrario.

O presidente ten debatido en multitude de foros, onde sempre pon de manifesto “abrir o debate do financiamento local e autonómico, para actuar “con criterios de verdadeiro equilibrio territorial” e para “tomar ás deputacións como que son: ferramenta eficaces para a mellor prestación dos servizos públicos”.

Se ese é un criterio xusto…porqué non o aplica?

Acción Social:

Ourense, é a que menor proporción do orzamento destina á promoción e protección social, partida que inclúe servizos sociais e promoción do emprego, protección de riscos laborais entre outras.

9.1% do total do orzamento da Deputación de Ourense, dirixido a esta finalidade. Moi diferente é a porcentaxe deste tipo de gastos nos outros tres orzamentos provinciais (18 % en Lugo, 18.6 % na Coruña e 14% en Pontevedra 11%).

O seu orzamento amosa a provincia como un territorio no que as prestacións sociais están por baixo da media en todos os casos.

A realidade da provincia de Ourense merece outro tipo de políticas distintas no que atinxe a acción social debido o elevado grao de envellecemento que temos.

Medio Rural:

Na provincia máis afectada polas xeadas, pola saraibas, pola seca, polos incendios, e agora pola avespiña, quedando sectores tan importantes como o do gando, da pataca, cereal, mel, uva ou castaña moi mermado no que a produción se refire, a deputación de ourense deixa 776.000€ para o apartado de Medio Rural.

Cultura:

11% do seu orzamento para cultura, educación e deporte. Canto podería aumentar esta cantidade si lle sumamos o gasto seu e do seu gabinete desas viaxes tan caras, con tanto pasaxeiro amigo, e que tan pouco reportan económicamente a provincia de Ourense.

Plans provinciais:

Un tanto por cento ridículo, mentres que outras provincias destinan entre o 25% e 0 50%, en Ourense non chegamos o 10 %.

Gastos correntes, Gastos de Persoal e órganos de goberno:

Aí si. Aí gañamoslle a tódalas deputacións.

Ourense volve a destacar no gasto dos seus órganos de goberno. Neste ano a partida destinada a órganos de goberno do seu executivo aumentou nuns 500.000 euros, ata os case 5,2 millóns, máis do duplo do que reserva para estas funcións a deputación que menos gasta nelas, a da Coruña, con 2,3 millóns (cifra identica a do ano anterior)

Ourense segue sendo tamén a que máis gasta en persoal por habitante.

A provincia de Ourense leva tempo na UCI. Vémolo nos xornais a diario:

  • A provincia estase despoboando.

  • A Emigración déixanos sen mozos e mozas.

  • O non relevo xeracional nas actividades agrogandeiras da provincia cada vez é máis notable.

  • A supresión dos servizos públicos ós que a Xunta de Galicia nos ten sometidos tampouco atopan unha bronca resposta por parte da deputación (como debera de ser).

Estes orzamentos, por continuistas das políticas aplicadas nos últimos 20 anos de pouco ou nada van servir se queremos reverter a situación.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.