A produción de castañas en Galiza, a día de hoxe, non está garantida despois da nefasta campaña que minguou preto dun 50%. Esta redución foi produto das inclemencias meteorolóxicas e da vespa do castiñeiro, algo que dende En Marea tiñamos máis que avisado dende fai meses en canto a Consellería de Medio Rural mirou para outro lado.

Advertimos no seu momento que non se estaba a facer o suficiente na loita contra o Dryocosmus kuriphilus, e así se viu cando fai uns meses se aprobou nesta Comisión unha PNL idéntica a que En Marea trouxo facía meses onde se instaba o ministerio á solta masiva de Torymus Sinensis para facerlle fronte a praga.

Tamén puxemos en dúbida dende o primeiro momento a liña de axudas que a Xunta de Galicia estaba a sacar para paliar os danos polas inclemencias meteorolóxicas. Liña de axudas que fuxiron da realidade que estamos a padecer produtoras e produtores, así como gandeiras/os ou labregas/os.

A día de hoxe temos constancia de que solicitaron estas axudas sobre un 1´5% das explotacións totais da Galiza.

Tamén temos que ter en conta, de que a castaña complementa as economías familiares, polo que non estamos a falar solo de comercializadores e empresas transformadoras, polo que a Xunta de Galiza tiña que ter xa unha liña de axudas que chegaran a tódolos niveis na escala da produción e venda.

Por isto, dende En Marea vimos de pedirlle a Consellería de Medio Rural a facer un estudo real das perdas producidas este ano por mor das inclemencias meteorolóxicas e pola avespiña do castiñeiro, a manter unha xuntanza cás organizacións agrarias, así como con representantes da IXP Castaña de Galicia e con produtoras, empresas transformadoras e comercializadoras para avaliar os danos e fixar cantidades a indemnizar, así como, e debido a situación de excepcionalidade na que se atopan os/as produtores/as, transformadores/as e comercializadores/as de castaña, habilitar unha liña de axudas específicas para paliar as enormes perdas sufridas na última campaña

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.