A rabia é unha enfermidade vírica que ocasiona trastornos no Sistema Nervioso Central das persoas afectadas e mortal na totalidade dos casos. Consta na lista do código Sanitario para os Animais Terrestres da Organización Mundial de Sanidade Animal.

O virus da rabia transmítese a través da saliva do animal enfermo cando se inocula a persoa sa a través de feridas, laceracións ou mordeduras na pel, causadas polo animal transmisor ou ben preexistentes. Tamén se describiu a transmisión por vía aérea en situación de presenza de aerosois con alta concentración vírica en covas pouco venteadas e con moita poboación de morcegos. E tamén a través das mucosas, inda que non a través da pel intacta.

Os síntomas da enfermidade varían en función de diferentes factores como a proximidade do SNC (encéfalo) ao punto de inoculación, da existencia de mordeduras múltiples e profundidade, inervación da zona ou as variantes e cantidades do virus, así como a ausencia ou o tratamento das feridas.

Nas persoas, a incubación dura de 2 a 8 semanas ( inda que pode ir dos 10 días ata varios ano). Na cabeza, pescozo, e extremidades anteriores, tenden a desenvolverse antes que as causadas no tronco e nas pernas.

A enfermidade é mortal despois da aparición dos síntomas.

Hai unha distribución mundial, cun grande número de mamíferos susceptibles, que actúan como reservorios da infección, e que cunha incidencia de mortalidade de entre 40.000 a 60.000 ao ano, principalmente nos países en vías de desenvolvemento.

Europa e particularmente o Estado español erradicaron rabia terrestre e a súa presencia malia que nas cidades de Ceuta e Melilla se dean casos esporádicos, pola proximidade con Marrocos. Dentro da enfermidade da rabia diferenciamos dous ciclos epidemiolóxicos

  • O ciclo dos mamíferos terrestres: cans, gatos, algúns carnívoros como o raposo, etc.

  • O mantido por os morcegos.

O Consello de Colexios Veterinarios de Galicia (CCVG) que aglutina aos entes profesionais das 4 provincias, instou a Xunta a revisar a normativa sobre a vacina antirrábica e instalala de xeito obrigatorio e anual nos cans, gatos, e furóns en Galicia.

Este último ano diagnosticáronse algúns casos de rabia en mordeduras causadas por morcegos en Valladolid, cun positivo por lyssavirus europeo de morcego tipo 1 (EBLV 1) e en Huelva, atópanse entre os casos máis recentes. Outros casos importantes foron o diagnóstico de rabia por mordedura dun can a 4 menores e un adulto no 2014.

Segundo datos da OMS a rabia causa 59.000 mortes de persoas ao ano. No ano 2013 o Ministerio de Sanidade publicou un Plan de contixencia para o control da rabia en animais domésticos, e no que se recolle que o feito de que existan CCAA onde a vacina non é obrigatoria é un factor de risco, segundo recolle o Consello de Colexios Veterinarios de Galicia.

Por outra banda é necesario tamén controlar a Leishmaniosis, xa que aumentan os casos desta enfermidade na leishmaniosis humana visceral, en persoas inmunosuprimidas, pacientes transplantados ou enfermos de Sida, e en individuos inmunocompetentes, segundo alertaron o coordinador da Unidade de Referencia Nacional para Enfermidades Tropicais, Servizo de Enfermidades Infecciosas do Hospital Universitario Ramón e Cajal de Madrid, Rogelio López-Vélez e Guadalupe Miró, catedrática do Departamento de Sanidade Animal da Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense de Madrid, xa que o flebótomo (insecto que transmite a leishmaniosis) dilatou o período de actividade no Estado nos últimos anos, por mor do quentamento global e tamén porque hai máis animais que actúan como reservorio da mesma como os coellos, orangutáns… e é necesario vixiar e controlar os cans enfermos de Leishmania, nomeadamente aquelas razas como o bulldog francés, boxer, carlinos, máis predispostos a esta enfermidade.

Por iso, dende En Marea instamos a Xunta de Galicia a establecer como obrigatoria a vacina contra a rabia nos animais de compañía como cans, gatos, e furóns, así como que se faga anualmente, manter un rexistro actualizado, en coordinación cos concellos e deputacións provinciais da vacina antirrábica e obrigar a vacinar aos cans por ser reservorio da enfermidade de Weil, contra a leismaniosis.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.