Hoxe, con En Marea, participamos nas xornadas organizadas polo Centro Asociado da UNED en Lugo sobre aspectos técnicos sobre lumes forestais na Galiza.

Algunhas das nosas propostas:

  • Cumprimento da Lei de Montes de Galicia, Lei de Incendios forestais de Galicia e Lei de Conservación da Natureza para limitar a plantación de eucaliptos en zonas de protección medioambiental, terreos agrícolas ou faixas de protección, erradicando esta especie nas zonas ocupadas.

  • Implementar medidas para a promoción de bosques autóctonos ou madeiras nobeis autóctonas que poidas servir para a fabricación de taboleiros de madeira.

  • Impulsar dende as institucións, en colaboración cos expertos nos distintos campos implicados, un plan que marque o camiño cara unha mellor rendabilidade en armonía co medioambiente.

  • Deixar a 0 o incremento que inclúe o borrador da superficie de eucaliptos do 8, 12%, isto é, de 25.000 hectáreas, así como o incremento de masas mixtas.

  • Establecer un servizo de prevención e loita contra incendios forestais totalmente público de calidade, único e civil.

  • Reforzar os MMVVMC como modelo de xestión colectiva e única, blindando a posibilidade da súa xestión e toma de decisións.

  • No documento do Plan Forestal, nomear os montes veciñais en man común por este nome cando aparezan no texto, xa que estamos a falar de unha titularidade singular de Galiza .Debe entender como multifuncionalidade os diversos usos das tres funcións que todo monte debe cumprir, a social, a produtiva e a medioambiental.

  • Facilitar o acceso a terra para a produción de alimento e garantir unha Superficie Agraria Útil (SAU)

    suficiente para as granxas galegas.

  • Garantir a recuperación de terreos forestados ilegalmente a custe das persoas que plantaron de forma ilegal.

  • Garantir unha xestión sustentable do monte, dende o punto de vista social, ambiental e económico.

  • Blindar a recuperación da paisaxe de mosaico tan característica do noso país.

  • Aposta polos usos gandeiros, sobre todo en extensivo e de pasto, e agrícolas recuperando e aumentando terreos aptos para estes usos.

  • Establecer a prohibición de cultivos enerxéticos.

  • Promover a xestión conxunta dos montes, fronte as concentracións parcelarias.

A partir de aquí comezamos a falar…

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.