Dende o ano 2015, distintos sindicatos, levan esixindo unha formación específica os axentes forestais e medioambientais, xa que ao longo deste tempo abandonouse o eido da cualificación e formación dos seus traballadores, nun servizo fundamental e prioritario para a poboación e que no desempeño das súas funcións convive acotío con situacións de alto risco.

A nova lei de Protección Civil, concretamente no seu artigo 17, inclúe os servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais como servizos de intervención e asistencia en emerxencias de Protección Civil.

Tamén a Unión Europea, a través das súas recomendacións prantexa que todos os e as traballadoras que non teñan unha cualificación específica, deberán dispor dunha certificación profesional baseada na súa experiencia profesional, e na súa formación especifica. Esta certificación profesional deberían tela o antes posíbel.

O RD 624/2013 do 2 de agosto e corrección de erratas do RD 624/2013, BOE 15/04/2014, inclúe os Servizos de Prevención, Vixilancia e Extinción de Incendios Forestais, na familia profesional SEGURIDADE e MEDIO AMBIENTE e na area profesional: SEGURIDADE E PREVENCIÓN, con respecto a ficha de certificado de profesionalidade.

Dende En Marea destacamos como positivo que este ano 2018 por fin se abriu a formación deste colectivo á Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) aínda que polo momento cunha pobre oferta en número e calidade dos cursos.

O actual Goberno da Xunta impide que teñan acceso a formación no ámbito da condición de policía xudicial xenérica condición que ven imposta por Lei.

No que respecta á formación da área técnica existe un baleiro de formación en materia de lexislación de espazos naturais (subvencións, actas de inspección de obras..), hábitats, fauna e flora protexida e no que respecta a identificación destes tres últimos contidos, coa incongruencia que nos Servizos Provinciais de Conservación da Natureza, requírenlle informes que recollan información de identificación sobre estas materias.

Os cursos teñen que ser obrigatorios para todo o persoal deste colectivo. O ideal sería pasar por unha academia, neste caso a Agasp, unha vez se aproba o proceso selectivo de axentes medioambientais para recibir a formación o máis práctica, realista e unificada posible adaptada ao traballo e a posible especialidade que se vai desenvolver (incluíndo simulacros e protocolos de actuacións.

Por iso, dende En Marea pedimos que se impartan máis de 24 cursos de formación na AGASP a este colectivo!!!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.