No Pleno do 28 de Xullo do 2016 aprobouse unha moción presentada por Alternativa Veciñal-En Marea de O Carballiño sobre a situación dos edificios públicos do Carballiño, propiedades do Concello ou doutras administracións, a fin de proceder á súa valorización. Foi común o sentir dos diferentes portavoces dos grupos que compoñen este pleno a necesidade de espazos do concello para prestación de servizos e que, a pesares da existencia de moitos locais, por motivos de titularidade ou falla de acondicionamento , non son utilizables neste intre.

Creouse no concello de O Carballiño unha comisión interpartidaria, dinamizada polo portavoz de AV- En Marea, coa finalidade de estudar as diferentes posibilidades.

É labor da Xunta de Galicia a de dotar ós concellos do país dás infraestruturas necesarias para desenrolar nelas actividades que poden ir dende o lecer ata o desenvolvemento rural e socioeconómicos, para reverter así os baixos índices que a día de hoxe estamos a sufrir nas vilas da provincia de Ourense no que atinxe sobre todo a baixada de poboación.

Por todo isto, dende En Marea pedimos no parlamento galego redactar un proxecto de rehabilitación destes inmobles, dotar de orzamento a rehabilitación destes inmobles, e traspasar a titularidade de o Centro Comarcal e a antiga Casa dó Pobo de O Carballiño ó Concello de O Carballiño.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.