Nestes últimos meses están a xurdir varios casos de positividade por tuberculose en gando vacún nos concellos da Comarca do Deza, ou nas comarcas do Macizo Central ourensán.

O protocolo sanitario establece que estes animais deben de ser sacrificados a partires da primeira análise que reflicta posibilidade de contaxio, incluíndo os “positivos dubidosos”. Namentres, a única proba que certifica cen por cen a presencia de tuberculose no gando é a proba post morten.

Unha vez realizada esta e certificando que o animal estaba en boas condicións, atopámonos con que o gandeiro ou gandeira perderon un 60% do valor do animal.

Dende En Marea hoxe pedímoslle a Xunta de Galicia na comisión 7ª buscar alternativas para que, seguindo controlando a tuberculose, non sexa a gandeira ou gandeiro o que estea a perder cartos sen parar por falsos positivos.

Segundo o esperado o Partido Popular votou en contra

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.