A Consellería de Facenda e a Dirección Xeral da Función Pública contan dende hai pouco tempo cun Comité de Acoso laboral ligado o Servizo de Prevención de Riscos laborais da Xunta de Galiza para xestionar as demandas que afecten o seu persoal funcionario e laboral.

En Setembro de 2017 tivo entrada nese Comité unha demanda de dous funcionarios da Escala de Axentes Facultativos Medioambientais da Consellería de Medio Rural adscritos o Distrito Forestal XIX de Pontevedra, por situación de acoso laboral do Xefe dese Distrito.

En varias ocasións os dous funcionarios foron chamados para aportar tódalas probas necesarias, estando sempre presente nos interrogatorios unha representante dos sindicatos.

Dende o mes de Febreiro do presente ano 2018 vense solicitando dende ese comité, información sobre o proceso tendo como resposta nese mes que xa estaba resolto pendente de comunicar. O feito é, que estando no mes de Xullo (9 meses dende o inicio) non houbo resolución, circulando o rumor de que “nalgunhas instancias de Función Pública ou de Medio Rural non estaban de acordo coa mesma por afectar negativamente o Xefe de Distrito”.

Hoxe, na comisión 7ª do parlamento galego, vimos de preguntar cal é o motivo pola que non se traslada toda a información que ten solicitado o comité si xa está resolto tal e como afirman.

Escurren o bulto, crean procedementos novos, din que investigarán…todo para protexer o acosador!!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.