Estes días, moitas viticultoras e viticultores están a ser citados en Inspección de Traballo para verificar que recibían a colaboración de familiares ou veciñas e veciños nas labores de recollida de uva sen haber retribución económica de por medio, co agravante de ir acompañados pola Garda Civil, o que eleva as labregas e labregos a condición de delincuentes por facer o seu traballo na terra.

Labregas e labregos galegos ven constantemente como teñen inspeccións que elevan propostas de sanción contra as colaboracións familiares nas colleitas.

Entenden que unha práctica que se vén facendo desde sempre en Galiza, como é botarlle unha man a parentes ou veciños en intres puntuais e sen percibir ningunha renda por iso, non pode ser motivo de sanción.

As denuncias por colaboracións familiares nas colleitas de uvas son o último episodio dos problemas do agro coas administracións, onde detectamos unha serie de conflitos que buscan baleirar as rendas dos produtores.

Estase obrigando aos produtores e produtoras a realizar tramitacións, desprazamentos e perdas de tempo por non ter feito un traballo de selección, abrindo unha causa xeral contra a actividade económica no sector primario.

Por iso, vimos de preguntarlle a Xunta de Galiza, cal vai ser o mecanismo que vai a aplicar o executivo para evitar estas multas despois de anunciar en rolda de prensa o Presidente da Xunta de Galicia en outubro do ano 2017 que ningún/unha familiar ou veciño/a ía ser multado por recibir a colaboración nas labores de recollida.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.