Asociacións do sector forestal, sindicatos agrarios, comunidades de montes, partidos e organizacións políticas, asociacións ecoloxistas, etc… puxéronse en contacto coa Xunta de Galicia para instala a que a revisión do Plan Forestal de Galicia se fixese de maneira colaborativa, para ser tal de xerar os maiores valores para a sociedade galega, os seus propietarios forestais, as súas empresas e a súa industria.

Unha revisión do Plan que sexa capaz de aproveitar as oportunidades dos próximos anos e responder eficazmente aos retos e problemas que presenta o anterior.

Pero, a Xunta de Galicia non contemplou ningunha das achegas recibidas e publicou un Plan Forestal de maneira unilateral. Isto produciu un rechazo en todos os sectores afectados empresarial e socialmente.

Consideramos dende En Marea que a súa elaboración presentou carencias importantes.

En primeiro lugar, o sector e as entidades sociais non foron consultados na fase de elaboración do borrador do Plan. Tal e como se reflicte na páxina web da Consellería do Medio Rural, na medida 4 propoñíase manter un grupo de traballo como organismo consultivo que revisara e realizara un seguimento da redacción do PFG. Isto non ocorreu.

Na medida 5, sinalábase a necesidade de recompilar informes complementarios sobre oferta e demanda de madeira para alcanzar unha análise máis precisa e con menos incertidume do recurso madeireiro. Sen embargo, a análise estratéxico o axeitado, sendo preciso un plan estratéxico que contemple unha análise máis rigorosa.

Tampouco se fixo un inventario sobre o que temos. Mal podemos xestionar o que temos se non sabemos canto é!!!

É un despropósito aprobar un documento desta transcendencia sen darse as circunstancias antes descritas.

Tendo en conta que o Plan Forestal de Galicia e unha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento do territorio; equilibrio territorial; biodiversidade, fomento da industria da madeira e o moble; a creación de milleiros de postos de traballo no rural galego e moitas outras implicacións, convértese nunha da regulamentacións públicas máis estratéxicas para o noso Pais.

Por elo semella moi irresponsable pretender aprobalo de presa e correndo sen contar cos sectores implicados e sen ter sido debatido no Parlamento de Galicia onde reside a soberanía popular.

O Comité Científico do Ministerio de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente pronunciouse recentemente a favor de incluír tódalas variedades de eucalipto no Catálogo Estatal de Especies Exóticas e Invasoras. Fíxoo nunha resolución adoptada por unanimidade na que alerta dos efectos prexudiciais que o eucalipto ten para contorna natural.

A pesar de todo isto, o borrador para a revisión do plan forestal galego de 1992 inclúe un incremento da superficie de eucaliptos do 8, 12%, isto é, de 25.000 hectáreas, o que supón unha neglixencia política e medioambiental de primeira magnitude. Tralo incremento, a superficie de eucaliptos sería de 332.984 hectáreas (segundo un inventario nacional obsoleto), un 16,4% do monte galego, tal e como informou o propio director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto.

O borrador do novo plan forestal pon de manifesto que a Xunta de Galicia non aprendeu absolutamente nada dos incendios do pasado outubro. Continúa insistindo nos mesmos erros que propiciaron a inmensa traxedia, cuxos efectos aínda hoxe continúamos padecendo. Polo ben da nosa contorna, e da propia seguridade dos galegos e galegas, é preciso que se muden as actuais políticas forestais e se dean pasos firmes e decididos cara unha ordenación racional do territorio.

Polo tanto, dende En Marea presentamos alegacións a dito plan. Aquí algunhas…

  • Cumprimento da Lei de Montes de Galicia, Lei de Incendios forestais de Galicia e Lei de Conservación da Natureza para limitar a plantación de eucaliptos en zonas de protección medioambiental, terreos agrícolas ou faixas de protección, erradicando esta especie nas zonas ocupadas.

  • Incluír a tódalas variedades de eucalipto no Catálogo Estatal de Especies Exóticas e Invasoras, segundo di o Comité Científico do Ministerio de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente pronunciouse recentemente a favor de incluír tódalas variedades de eucalipto no Catálogo Estatal de Especies Exóticas e Invasoras.

  • Implementar medidas para a promoción de bosques autóctonos ou madeiras nobres autóctonas que poidas servir para a fabricación de taboleiros de madeira.

  • Impulsar dende as institucións, en colaboración cos expertos nos distintos campos implicados, un plan que marque o camiño cara unha mellor rendabilidade en armonía co medioambiente.

  • Deixar a 0 o incremento que inclúe o borrador da superficie de eucaliptos do 8, 12%, isto é, de 25.000 hectáreas, así como o incremento de masas mixtas.

  • Establecer un servizo de prevención e loita contra incendios forestais totalmente público de calidade e civil.

  • Reforzar os MMVVMC como modelo de xestión colectiva e única, blindando a posibilidade da súa xestión e toma de decisións.

  • Facilitar o acceso a terra para a produción de alimento e garantir unha Superficie Agraria Útil (SAU) suficiente para as granxas galegas.

  • Garantir a recuperación de terreos forestados ilegalmente.

  • Garantir unha xestión sustentable do monte, dende o punto de vista social, ambiental e económico.

  • Blindar a recuperación da paisaxe de mosaico tan característica do noso país.

  • Aposta polos usos gandeiros, sobre todo en extensivo e de pasto, e agrícolas recuperando e aumentando terreos aptos para estes usos.

  • Establecer a prohibición de cultivos enerxéticos.

  • Promover a xestión conxunta dos montes, fronte as concentracións parcelarias.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.