A veciñanza de Borrán, no concello de Vilar do Barrio, C.P. 32702, Ourense, solicitou de xeito informal a ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) a cesión de 4 vivendas de planta baixa, con referencia catastral 000600100PG16H0001JR, con capacidade de 12 habitacións en total, abandonadas e sitas no mesmo lugar de Borrán nº 1, no polígono 23 parcela 389 na estrada OU-113, estrada de Vilar de Barrio e no punto quilométrico 38 da mesma, encadradas na parcela rústica con referencia 32090A023003890000HQ tamén de titularidade de Adif.

A titularidade das vivendas e da parcela, corresponde a ADIF, con NIF Q2801660H, con domicilio fiscal na Rúa/ Hedra nº 9, Estación de Chamartín, CP 28036 de Madrid, e que a súa vez depende do Ministerio de Fomento.

Hoxe están en estado de abandono, porén a parcela na que se encadran permitiría realizar adaptacións para satisfacer ás necesidades de mobilidade reducida e de discapacidade, así como de ampla zona verde para ocio das persoas residentes no futuro centro de maiores ao que se destinarían. Ademais contan co factor de proximidade ao centro de Saúde e aos servicios principais do Concello.

Estas vivendas destinaríanse a residencia de maiores, un equipamento que incrementaría o dispoñible para o Concello de Vilar de Barrio, que conta na actualidade cunha residencia de maiores e un centro de día con 28 prazas, e sería unha forma de compensación polos danos ambientais sufridos coas obras do AVE.

Por iso, dende En Marea instamps a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento para ceder as 4 vivendas e a parcela anexa, sitas no Lugar de Barrán, ao Concello de Vilar de Barrio en Ourense, axudar á rehabilitación como centro residencial de maiores, mediante a creación dunha partida específica, das 4 vivendas, executar as obras necesarias de xeito cooperativo e interadministracións, no ámbito das súas competencias entre o Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Vilar de Barrio e aproveitar a parcela como zona de ocio tanto para as persoas residentes no futuro centro como espazo de interacción coa xente da vila.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.