En Marea, denuncia a falta dun plan estratéxico por parte da Xunta de Galicia para o sector ovino e caprino. A profesionalización deste sector farase coa comercialización e valoración do produto final: a excelente carne tanto de cordeiro como de cabrito que se produce en Galicia, que se ve reforzado polo asociacionismo. Existen en Galicia mais de 20.000 explotación de ovino e cabrún complemento doutras actividades ou como principal.

Entre as principais reivindicacións do sector atopamos as seguintes:

1.- Necesidade de protección e defensa dos aproveitamentos silvopastorais a través do cooeficiente de admisibilidade aos que a Xunta de Galicia aplicou unha redución sobre a xustificación da admisibilidade dos pastos arbustivos e pastos sobre arborado que afectou ao 85% do territorio galego. O coeficiente de admisibilidade reduciuse a 0.

2.- Necesidade e coñecemento das consecuencias desta redución para as axudas provenientes da PAC para os aproveitamentos silvopastorais.

3.- Necesidade de coñecer como afectan estes cálculos para a solicitude e concesións das axudas agroambientais e axudas para zonas con limitacións naturais.

4.- Necesidade dunha liña específica de axudas que teña en conta que as especies leñosas e arbustivas constitúen a alimentación de ovellas e cabras que si recoñece a comisión europea a través da Lei Ómnibus, co establecemento da singularidade do aproveitamento con pastoreo e coa supresión da obriga da consolidación herbácea.

5.- Descoñecemento da nova normativa e da súa aplicación, así como do seu traslado ao persoal técnico para a tramitación das solicitudes unificadas da Política Agraria Común.

6.- Necesidade de recuperar o programa de implantación e mellora de pastos en Montes Veciñais en Man Común (en vigor desde o ano 1984 ata 2015) que contribuíu ao desenvolvemento rural.

En relación tamén coas axudas da PAC, os/as gandeiros/as de ovino e de cabrún son os únicos perceptores de axudas acopladas as que NON se lle comunicou o motivo das axudas acopladas (nin por correo postal, nin vía correo electrónico ou sms, nin por publicación no D.O.G.)

É necesario pois contar coas asociacións de ovino e caprino, para o desenvolvemento socioeconómico deste sector coas axudas pertinentes das administración. Estas asociacións de produtores constitúen unha ferramenta que fixa poboación no rural, así como o desenvolvemento de tecido económico das zonas rurais, e outros tipos de iniciativas ligadas a elas.

Por iso, dende En Marea, pedímoslle a Xunta:

  • Desenvolver e aprobar un plan estratéxico do sector ovino e caprino de Galicia, contando coa participación efectiva de todos os produtores e asociacións dedicadas a estes sectores.
  • Protexer e defender os aproveitamentos silvopastorais no territorio galego para o aceso por gandeiros de ovino e caprino das axudas previstas na lei, nomeadamente para a solicitude da PAC, axudas agro-ambientais e axudas para zonas con limitacións naturais entre outras.
  • Aprobar unha liña específica de axudas relacionadas coa valoración das especies leñosas e arbustivas, alimento destas dúas especies, e aplicación da normativa da Comisión Europea de aproveitamento singular e supresión da consolidación herbácea.
  • Recuperar o programa de implantación e mellora de pastos en Montes Veciñais en Man .
  • Clarificar e aplicar a normativa procedente da UE á campaña do 2018 así como formar ao persoal técnico para o seu coñecemento e aplicación na tramitación das axudas.
  • Realizar a comunicación oficial das non percepcións das axudas PAC, para que os gandeiros que non percibiron a axuda e teñen dereito a ela, poidan reclamar e cobrar polo que teñen dereito.
  • Sacar unha nova oferta formativa de cursos para aprender a manexar as ferramentas informáticas como a propia Oficina Agraria Virtual ou a plataforma telemática da sede electrónica.
  • Desenvolver a creación dunha Escola de Pastores de ovino e cabrún que regule a formación e capacite as aptitudes para o futuro desenvolvemento das actividades dos nosos gandeiros/as de ovino e cabrún como teñen en outras comunidades autónomas como Extremadura, Aragón ou recentemente na Comunidade Valenciana.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.