Onte reunímonos coas traballadoras da empresa Unitono onde nos expuxeron as súas preocupación pola ameaza de deslocalización da empresa cara Reus ou Colombia, o que poría en perigo 131 postos de traballos, dos cales, o 90% están ocupados por mulleres.

Precisamente, un día antes, Feijoo deixábase caer por estas latitudes e expuña… “chegamos tarde, pero esta provincia ten futuro”.

Pois si é certo Sr. Feijoo, solicítelle vostede publicamente tanto a Naturgy como a Unitono responsabilidades directas da súa situación, amose o seu rexeitamento a esta decisión e manifeste o seu compromiso a facer todo o que estea da súa man para reverter esta situación.

Como dende En Marea sabemos por experiencia, que nestes temas, o presidente móllase o xusto, xa lle adiantamos que o faremos nós.

Todo ben Alberto??

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.