Aínda que o noroeste de España non estaba considerado como área de cultivo tradicional de oliveiras, o cultivo desta estivo presente desde tempos inmemoriais. A importancia que a oliveira tivo na antigüidade nesta zona, queda patente pola existencia de numerosos restos arqueolóxicos, como lagares primitivos destinados ao prensado da oliva dos séculos I-II A. C..

A desaparición do cultivo en Galicia non foi debida á falta de calidade dos seus aceites, senón aos altos impostos sobre as oliveiras decretadas polo Conde Duque de Olivares na primeira metade do século XVII.

Actualmente existe unha asociación adicada a produción e transformación de aceite, a Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galiza (APAG) que conta na actualidade con máis de 100 persoas asociadas que, entre elas, suman unhas 113 hectáreas e 130.000 oliveiras cultivadas no país.

Unha recente investigación, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), catalogou xa máis dunha ducia de variedades de oliveiras autóctonas. Aínda que nas plantacións recentes de oliveiras en Galicia as variedades foráneas como a Arbequina ou a Picual, propias de Cataluña e Xaén respectivamente, son as predominantes, este estudo abre a porta a optar por variedades autóctonas na produción de aceite na comunidade. Ademais, os primeiros resultados do traballo revelan unha baixa incidencia de afeccións sanitarias nas oliveiras galegas e gran calidade e orixinalidade do aceite destas variedades.

A existencia destas oliveiras e o seu cultivo en Galicia esténdese principalmente polo sur da provincia de Lugo e distintos puntos das provincias de Ourense e Pontevedra.

Polo momento, a investigación permitiu xa a catalogación de 13 variedades diferenciadas e autóctonas de Galicia. Unha conclusión que leva parello un traballo tanto de documentación como de análise de campo no que o grupo percorreu o territorio galego nunha fase de mostraxe dos exemplares centenarios.

O estudo pormenorizado dos exemplares de oliveiras en Galicia tamén permitiu constatar que apenas están afectados por patoloxías sanitarias que se están estendendo a gran velocidade noutras zonas da Península Ibérica.

A investigación tamén incluíu a elaboración, a pequena escala, do aceite destas variedades e os primeiros resultados arroxan que se trata de aceites de gran calidade ademais de orixinais.

Certo é que a dirección Xeral de Gandería e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia presentou unha solicitude de recoñecemento oficial das descricións de Brava galega e Mansa galega aos responsables do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, máis dende En Marea parécenos pouco o que se está a facer pola oliveira galega.

Por iso, dende En Marea solicitamos no parlamento galego destinar unha partida orzamentaria suficientemente ampla para blindar a conservación das especies localizadas para facer labores para conseguir o enraizamiento de gallos destes exemplares para asegurar a conservación das variedades descritas e garantir que as plantas indentificadas cheguen aos viveiros dunha forma legal e ordenada, posto que xa están a constatar unha importante demanda tanto por parte dos viveiros como de produtores interesados en contar con variedades autóctonas.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.