A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 29 de novembro de 2018, adoptou o acordos por unanimidade da PNC presentada polo Partido Popular sobre o inicio pola Xunta de Galicia da redacción dun proxecto de mellora e acondicionamento de trazado da estrada OU-636 entre Freixido e A Pobra de Trives, co obxectivo de que poida estar redactado e aprobado no ano 2019 para, a continuación, seguir coa tramitación necesaria para a execución das obras.

Certo é, que esta estrada presenta eivas importantes no que atinxe o trazado e firme da mesma.

Dende En Marea, gustaríanos aproveitar esta situación para solicitar, que se inclúa na redacción de dito proxecto a construción dunha area recreativa e punto de vista pintoresca no mesmo.

Os estímulos que se transmiten dende o lugar citado son de unha sensación de singularidade incribles. Podemos observar dende a zona e o mesmo tempo:

  • O canón do Rio Bibei, espectacular tanto pola abruptocidade que posúe como polo desnivel que salva dende o seu nacemento a súa desembocadura, sumándolle a aparición dunha gran variedade de ecosistemas que se reflexa na existencia de una flora fortemente contrastada debido os climas mediterráneo e continental o que está sometido.

  • Os bancais de viñedos, unha das formas interesantes de cultivo vitícolas que esculpen e decoran as pendentes sobre o Bibei, ofrecendo un admirable exemplo da perseverancia secular das xeracións labregas.

  • O fantástico enclave da serra de Manzaneda e a única estación de esquí de Galicia.

Por todo isto, o grupo parlamentar de En Marea, a insta a Xunta de Galicia a incluír na redacción do proxecto de mellora e acondicionamento de trazado da estrada OU-636 entre Freixido e A Pobra de Trives a construción dunha area recreativa e punto de vista pintoresca no mesmo e deixar unha partida orzamentaria para a execución da mesma.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.