As estradas representan o eixe central do desenvolvemento dos pobos e das súas comunidades.

Dende En Marea consideramos que as estradas son un dos principais eixos de desenvolvemento das localidades e os territorios. O comercio, o turismo, a industria e a supervivencia das pequenas empresas dependen en boa parte da existencia de accesos rápidos e seguros.

É obriga das Administracións Públicas, neste caso da Xunta de Galiza, contribuír ao desenvolvemento socioeconómico do país e traballar para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños cunha estrada adecuada aos tempos actuais.

A mellora desta vía permitiría que se facilitaran os desprazamentos intra-comarcais e intra-municipais.

Esta estrada é a conexión natural, de menor quilometraxe e impacto ambiental entre as comarcas ourensás de Trives e Caldelas e a comarca Lucense de Quiroga, polo que o seu arranxo faise vital.

Ademais é a estrada que as provincias do norte (A Coruña e Lugo) utilizan para acceder a Cabeza de Manzaneda e a comarca de través de Trives.

O Concello de San Xoán de Rio ten hoxe en día un déficit importante no que atinxe a comunicación xa que solo poden acceder a provincia de Lugo pola estrada titularidade da Deputación de Ourense, a OU-0705 e a LU-P-5301, que fan un total de 32 km, estrada que está nun lamentable estado de conservación.

Por todo isto, Grupo Parlamentario de En Marea pediralle a Xunta de Galicia:

  • Solicitar á Deputación de Ourense e a Deputación de Lugo a transferencia inmediata da estrada OU-701 e a LU-P-5301 na maior celeridade nos trámites e prazos para facer efectiva tal transferencia.
  • Incluír a obra de mellora do trazado e o deseño da estrada, nos seus plans de actuación máis inmediatos, de forma que á maior brevidade posible se acometan as obras en beneficio de todos os usuarios da devandita vía de comunicación.
  • Asumir o compromiso de que a devandita obra vai ser considerada prioritaria e que, polo tanto, vai quedar á marxe de calquera posible atraso.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.