Dende En Marea queremos constatar, que cos orzamentos da Consellería de Medio Rural, non se cumpran os obxectivos que o rural galego precisa para saír dunha situación de agonía cronificada.

Para En Marea, esta comparecencia e estes orzamentos son case unha repetición idéntica dos do ano pasado, e tendo en conta que non están funcionando as políticas que están pondo en marcha o Partido Popular no noso agro, entendemos que apostar por uns orzamentos continuístas non é ningunha boa nova.

Dende que goberna o Sr. Feijoo…

  • Cantos empregos se destruíron no rural galego?

  • Cantas explotacións agrogandeiras pecharon?

  • Cal é grao de despoboamento que sofre Galiza?

  • Cal é o grao de incidencia na supresión de servizos?

Contestadas estas preguntas, os datos non convidan o optimismo, e cós orzamentos que nos presentaron hoxe non lle vemos unha maneira fácil de poder darlle a volta.

No ano no que se está debatendo o que será o novo Plan Forestal de Galiza, cae o orzamento nos programa de Ordenación das producións forestais en 12 millóns (15,7%), así como noutras partidas de especial interese como pode ser a 712C Fomento do asociacionismo agrario e divulgación da tecnoloxía agraria.

Os orzamentos non nos ofrecen un servizo de prevención e loita contra o lume de Galicia único e público e civil.

A dinamización económica do medio rural, diminúe este ano en maís de 150.000 millóns de Euros, e diminúe dende o ano 2009 máis dun 26%.

O Banco de Terras, ferramenta que están dispostos a potenciar para darlle saída a terra improdutiva con unha cifra totalmente ridícula. Non chega a 90.000€.

A Xunta debe facer autocrítica e poñer en marcha medidas urxentes que aborden o problema dos incendios forestais de maneira global e que aposten por unha ordenación territorial sostible, un cambio de modelo forestal e un rural vivo. De non facelo, situacións como a desa dramática fin de semana do outubro pasado poderían repetirse.

Estes orzamentos van a dar como resultado que Galiza fique cada vez mais vulnerábel e dependente, impedida de dispor dunha política agro-rural propia, feita en función das súas necesidades.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.