Hoxe, no pleno do Parlamento de Galicia, acabamos de votar en contra do ditame emitido pola comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, prevención e extinción de incendios así como o novo plan forestal.

A falta de ordenación e a pésima xestión forestal, véxanse os resultados do plan forestal actual, converten aos montes galegos en pura gasolina. Fai falla autocrítica xa que, sen aportar solucións eficientes, isto continuará pasando ano tras ano. Pretendese que a xente abandone o rural e que outro tipo de actores invistan diñeiro. Esa é a política do goberno. Unha das causas estruturais dos incendios é un modelo de país sustentado no exterminio planificado do medio rural.

Levamos anos de atraso na toma de decisión. Evidéncianse a necesidade de mellorar a nosa capacidade organizativa, incapaz de atender situacións de crise como as vividas nos pasados meses. Precisamos un sistema de emerxencias e extinción unificado, público. O argumento do terrorismo incendiario foi un argumento empregado polo Goberno da Xunta na anterior vaga de lumes, pero nunca se conseguiu acreditar que exista algunha sorte de trama ou organización incendiaria en Galicia. O goberno, co único obxectivo de escurrir o bulto e saír o menos perxudicado posible, optou por botarlle toda a culpa aos “terroristas incendiarios” e a circunstancias anómalas imposibles de controlar, como a temperatura e a falta de humidade.

Dende En Marea non entendemos cal foi o motivo polo que o equipo redactor non foi quen de ser valente e resolto e redactar unhas recomendacións acordes e a altura que este país se merece.

Observamos atónitos como enmendas de vital importancia presentadas por En Marea para engadir a este ditame foron rexeitadas polo Partido Popular.

O ditame aprobado hoxe co noso voto en contra, non muda a problemática dos incendios forestais no noso país.

Máis do mesmo…

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.