O persoal funcionario de aduanas da Axencia Alimentaria e Veterinaria de Macedonia do Norte, confiscaba 21 toneladas de carne de porco procedente de España, por estar infectada con peste porcina africana (PPA), o pasado xoves 10 de outubro, na fronteira entre este país e Bulgaria. Ademais de levar a cabo a confiscación e destrución da carne, evitando así que entrase no mercado da UE sinalaron que informarán posteriormente á Organización Mundial de Sanidade Animal e á UE.

https://www.lavanguardia.com/vida/20191010/47895378138/macedonia-del-norte-confisca-toneladas-cerdo-espanol-peste-porcina.html

As autoridades locais de Macedonia xa iniciaran una campaña para a redución do xabaril que triplica a poboación sostible no país, co fin de previr que a enfermidade da PPA se estenda, inda que non contan con casos de infección por esta peste porcina.

No noso país tampouco hai evidencias de peste porcina africana, inda que é necesario levar a cabo un control de bioseguridade exhaustivo, en todas as explotacións, para detectar a presenza da PPA, control e erradicación. Un dos problemas pode vir a través da poboación excesiva de xabarís nalgúns concellos, que poden ser obxecto de infección e transmisión da enfermidade.

Por iso, dende En Marea, vimos de preguntar no parlamento que protocolos ten activados a Xunta para detectar a posible presenza de peste porcina africana na nosa comunidade, ademais das enquisas de bioseguridade nas explotacións porcinas, que medidas de incremento dos controis de limpeza e desinfección dos vehículos procedentes de países de risco (Serbia, Bulgaria, e países do leste) se levan a cabo por parte da Xunta, que programas está levando a cabo a Xunta coas autoridades estatais e europeas na detección e prevención da presenza da PPA en Galicia, que medidas publicitarias se tomaron desde a Xunta para a sensibilización fronte á PPA da poboación do noso país, que estudos se realizaron da PPA na poboación no noso país do xabaril e que medidas de control se están realizando sobre o mesmo.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.