Interpelación ao Conselleiro de Medio Rural o 10 de abril de 2019.

A maioría das hectáreas ardidas sitúanse na provincia de Ourense, Pontevedra e na zona de O Barbanza.

Este é o pano de fondo para que nos primeiros días do ano 2019, xa ardesen nos montes galegos máis que en todo o ano pasado, toda vez que a Consellería do Medio Rural mantén, tamén co seu novo responsable, a política informativa baseada en non dar conta de todos os focos de lume.

Lousame, Noia, As Pontes, A Mezquita, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Verín, Dodro, Fisterra, Folgoso do Caurel, Rianxo, Cerdedo-Cotobade, A Gudiña son algúnhas das zonas afectadas, outro ano máis, pola incompetencia da Xunta de Galicia en aportar solucións a esta lacra. Certo é que existen delincuentes que poñen o misto, pero son vostedes, señores e señoras do Partido Popular, as que aportan o combustible para que arda.

A opacidade da información que o seu gabinete amosa sobre os incendios contrasta cos datos e imaxes que, fundamentalmente a través das redes sociais, divulgan colectivos profesionais como os bombeiros forestais ou tamén os axentes forestais e medioambientais.

O propio presidente da Xunta, admitía fai hoxe 15 días, que a efectos prácticos, o seu Goberno continúa aplicar as restricións informativas sobre os incendios, restricións que implantou hai dez anos, e afirmaba así, que durante o pasado 26 de marzo, os efectivos contra incendios tiveran que intervir en “39 lumes”, pero a Xunta non informou nin da metade deles.

No dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais conviven diversos actores, pero á hora do ataque directo na primeira liña de lume atópase o persoal que dirixe as tarefas (axentes e técnicos fundamentalmente) e o persoal que se enfronta ás lapas: brigadas contratadas directamente pola Consellería de Medio Rural do SPDCIF, brigadas contratadas a través da empresa pública SEAGA, brigadas dos concellos ou brigadas de empresas privadas.

Axentes Forestais:

A Xunta de Galicia e os sindicatos UGT, CCOO e CIG asinaron un acordo que puxo fin á mobilización e folga que os axentes medioambientais e forestais mantiñan desde o pasado 25 de xullo do ano 2018. O documento foi asinado polos representantes sindicais e os conselleiros de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; de Facenda, Valeriano Martínez; e do Medio Rural, José González, os tres departamentos que participaron na mesa de negociación aberta cos traballadores este verán.

Con todo, “aínda quedan cousas pendentes” como son a creación desas 30 prazas para reforzar o servizo “fronte ao roubo de competencias das forzas e corpos de seguridade do Estado” (lembremos a promesa de Feijoo nesta cámara de reforzar con 30 prazas as Brigadas de Investigación de IIFF) así momo cumprimento do Acordo de Axentes Técnicos Ambientais do Grupo B.

Aínda non pasou un ano e vostedes xa están incumprindo ese acordo.

Persoal de tres meses do SPDCIF (este ano serán 5):

É imprescindíbel e necesario reforzar o dispositivo para poder atender e desenrolar as tarefas que a propia lei do Sistema Nacional de Protección civil encomenda.

No vindeiro pleno, e en forma de moción, pediremos para este colectivo que proceda á modificación da actual Relación de Postos de Traballo da Consellería de Medio Rural, no senso de que a duración dos contratos do persoal de reforzo para a campaña do verán do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) se incremente sobre os 5 meses actuais que van a traballar este ano, sendo equiparados cos traballadores e traballadoras, persoal laboral fixo descontinuo, ampliando a súa relación contractual a un total de nove meses.

Non está de máis matizar que se trata dun colectivo afincado e espallado pola xeografía rural do país que xa a data de hoxe está ubicado estratexicamente en canto a cobertura territorial se refire, e coa plusvalía dun amplo coñecemento do territorio logo de máis de 25 anos de traballo.

Brigadas dos concellos:

Realizan exactamente o mesmo traballo que compañeiras do servizo público pero cobran moito menos.

Queren ter brigadas nos concellos? Adiante, pero déanlle aos concellos financiamento suficiente para que traballen nunhas condicións salariais dignas, coma o resto de traballadores públicos, e déanlle os concellos financiamento suficiente para, epis e formación adecuada para este colectivo, polo ben deles e dos nosos montes. Todo isto o pediremos dentro de 15 días na moción que rexistraremos esta semana.

Vaise producir unha revisión da xornada laboral das traballadoras e traballadores dos concellos, que duplica tarefas de prevención e extinción na mesma xornada de 12 horas, coa fin de adaptala para evitar riscos na súa seguridade?

Seaga:

Vostede comprometese a comprobar por que se demora a publicación do decreto que regula a puntuación para optar ás prazas do servizo de extinción de incendios. Representantes sindicais e empregados/as da compañía pública presentáronse nun acto que se celebraba na sede da Xunta en Pontevedra e no que participaba vostede para reclamarlle unha xuntanza na que finalmente puideron exporlle a súa problemática, despois de solicitarlle dúas reunións dando vostede a calada por resposta.

A ben problemática derivada da non publicación da modificación do decreto que regula a puntuación para optar ás 600 prazas de reforzo para o servizo de extinción de incendios Medio Rural durante seis meses, unha vez que esta función lle foi retirada á empresa publica para seren asumida directamente polo propio departamento.

Vai recoñecer o tempo traballado en SEAGA á hora de acceder ás listas de contratación da Xunta de Galicia? en que termos?

Ten prevista a equiparación en condicións laborais entre os traballadores e traballadoras de SEAGA e as traballadoras e traballadores contratados

directamente pola Xunta?

O Comité de Empresa de Seaga ven de convocar unha manifestación nacional en Compostela para o vindeiro mércores, día 24 de abril, manifestación que dende En Marea apoiaremos, na que demandan unha inmediata solución para os 500 traballadores/as que quedarán excluídos na próxima campaña de extinción se non se modifica o decreto e se abre un período extraordinario para que poidan presentar os seus méritos.

As medidas que Feijoo prometeu despois da vaga de Lumes

1. Faixas de protección:

Xa se están facendo?

Quen as está facendo?

Cantos concellos non están adheridos e por que?

Con esta medida estrela (que por certo, aínda non se está a executar e vostedes xa declararon o época de máximo risco), vostedes están a descargar responsabilidades e cargas nos Concellos sen ter en conta nin as competencias, nin as necesidades nin os recursos necesarios para asumir tales obrigas (materiais, económicos ou de persoal).

Descargan esta responsabilidade enriba dos Concellos coñecendo a súa incapacidade material para facelo supón unha deixación de funcións e unha irresponsabilidade por parte da Xunta de Galiza.

2. Garantir que o 100% dos concellos teñan bombeiros ou brigadas.

Actualmente, hai concellos que rechazaron adherirse a estes convenios polos problemas burocráticos e de xustificación que ten a subvención.

4. Mando único para todos os servizos de emerxencias .

É evidente que actualmente o servizo de extinción galego está moi fragmentado e a coordinación entre as diferentes entidades que participan na extinción dos incendios non funciona de xeito adecuado pola carencia dun mando único.

5. Facilidades para actuar nas parcelas de titular descoñecido.

E certo que a xunta tenta modificar o marco normativo para que as fincas que actualmente constan con titular descoñecido se incorporen ao patrimonio da AGADER e se inscriban no Rexistro da Propiedade ao seu nome, podendo ser alleadas ou arrendadas.

De momento non se fixo nada e non sabemos se este mecanismo vai a contar con todas as garantías xurídicas.

6. Incorporación cautelar ao Banco de Terras das parcelas con propietario descoñecido, falecido ou ilocalizable.

Como van a poder facelo técnica e económicamente cando o BANTEGAL, o ano pasado tivo un orzamento para todo o ano de 94.135€ e este ano é de 95.783€????

7. Incorporación cautelar ao Banco de Terras dos montes veciñais en man común abandonados.

IDÉNTICA A ANTERIOR!!!

8. Mobilización das terras abandonadas para polígonos agrarios.

15. Participación dos grupos parlamentarios na redacción do Plan forestal.

Aquí seguimos esperando

16. Impulsar os plans de ordenación nos 19 distritos forestais, comezando por Ourense e Pontevedra.

De momento non se fixo nada.

18. Mellora das zonas de pastoreo extensivo no sur de Galicia.

Non se fixo.

19. Seguir avanzando na reestruturación parcelaria, especialmente a impulsada por particulares.

Leo textualmente o informe da valedora do pobo ano 2017 sobre as concentracións:

Un capítulo especial reclama a tramitación de 6 expedientes de queixa relativos a procesos de concentración parcelaria e á dotación de vías de acceso. Segundo as previsións anunciadas para os próximos 4 anos, finalizarán 130 concentracións parcelarias decretadas, que afectan a 117.000 hectáreas e aproximadamente a 92.000 propietarios. Dentro deste marco temporal, destacamos que neste ano 2016 entregáronse os títulos de concentración en seis zonas e consolidáronse outras once, afectando a máis 13.000 propietarios.”

21. Plataforma tecnolóxica para coñecer o grao de protección de cada monte

Descoñecémola!!

26. Equipos Forestais de Investigación para apoiar a Policía e a Garda Civil nas pescudas sobre a orixe dos lumes

Non se crearon. Aquí cabe recordar as axentes forestais e medioambientais que estiveron en folga,, onde pedían, entre outras cousas, que se potencien estes equipos de investigación, hoxe moi mermados en número e medios.

27. Equipos de Vixilancia de Incumprimento para supervisar que se leven a cabo as medidas de prevención

Volta a ser unha recomendación que está no ditame, pero que non está instaurada un ano despois.

E mentres tanto segue a arder señor conselleiro.

A súa consellería sigue improvisando e dando paus de cego e solo podemos ver un fin último que é a de ir cosendo rotos e a de privatizar o SPDCIF, algo no que vostedes aí si que son especialistas.

Deixe vostedes de pelotear coas compañeiras que traballan no lume e se quere darlle as grazas polo seu esforzo e profesionalidade unifique dunha vez o servizo e cunhas condicións laborais dignas.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.