Hoxe foi a presentación no parlamento do documento creado polo Grupo de Expertos de apoio á Comisión do Parlamento de Galicia sobre Incendios Forestais.

Este documento, co que concordamos en gran parte, é un bo punto de partida para o estudo e posibles melloras e deficiencias no eido dos incendios en Galicia e particularmente no SPDCIF.

Esperemos que isto non sexa outra medida propagandística, polo que estaremos atentos o cumprimento de dito documento.

Grazas a persoas e colectivos que me fixestes chegar as vosas achegas, e como non, o compañeiro Xabier Bruña polo temendo traballo realizado na elaboración do texto oficial.

Seguimos!!

Aquí podes visualizar o documento:

Documento de respostas do GEPIF

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.