SEAGA é unha empresa pública creada pola Xunta de Galiza no ano 2006 para a realización, como medio propio da Administración galega, e ao seu servizo, de todo tipo de actuacións, obras, traballos e prestacións de servizos en materias forestais, especialmente as relacionadas coa prevención e loita contra os incendios forestais en particular e, en xeral, intervencións de carácter urxente relacionadas cos lumes forestais.
Realizan as mesmas funcións que os seus compañeiros e compañeiras do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais (SPDCIF), pero cobran menos, teñen menos dereitos, teñen contratos de menor duración, teñen que realizar tarefas de prevención e extinción na mesma xornada e ademais non se lles recoñece o tempo traballado.
Dende En Marea solicitamos hoxe en comisión:
1) Aplicar unha subrogación ás traballadoras e traballadores de Seaga incluíndo a estas e a estes no SPDCIF. Entendendo a subrogación como o reemplazo de competencias cara o SPDCIF.
2) Recoñecer o tempo traballado en SEAGA, tres meses por ano (tempada máximo risco) á hora de acceder ás listas de contratación da Xunta de Galicia.
3) Reunirse de forma urxente co Comité de Empresa de SEAGA.
Non vos vou contar quen votou en contra…