A Política Agrícola Común supón unha das claves para a financiación do medio rural galego. Cunha dotación anual de preto de 400 millóns de euros asignados a Galicia, que a Xunta ten a obriga de xestionar se queren que os fondos cheguen ao medio rural galego, estrutúrase a través de dous fondos: Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

En relación co FEAGA, trátase de 170 millóns de euros anuais, financiados ao 100% pola Unión Europea e que contribúen fundamentalmente a paliar a diferenza entre a renda no ámbito urbano e a renda no ámbito rural.

A campaña comeza no mes de febreiro mediante a aprobación da denominada como Orde da PAC. No ano 2017, dende a Consellería de Medio Rural, prometíanse moi felices cos cambios anunciados pola Conselleira, o anunciar que ían incrementarse os fondos e os beneficiarios en máis de 2.000 respecto ao ano anterior.

O calendario de pagos comeza oficialmente o 16 de outubro, co denominado como anticipo da Política Agrícola Común. A posibilidade de anticipar o 70% das axudas da PAC entre o 16 de outubro e o 30 de novembro.

Pois ben, o pasado ano 2017, Galiza foi das últimas en pagar e pagou 20 millóns de euros menos que o ano anterior, é dicir, perdeuse pola xestión da Consellería do Medio Rural en 2017: 20.781.410.85 euros do anticipo da PAC. Isto é, en Galiza pagouse nas últimas dúas semanas posibles, podendo haber pagado desde o 16 de outubro.

A regulamentación comunitaria permite que os anticipos da PAC sexan de ata un 50% das axudas en todos aqueles rexímenes de axudas nos que finalizaran os controis. O resto dos pagos afrontarase a partir do 1 de decembro.

No caso de España, os anticipos que se poden pagar entre o 16 de outubro e o 30 de novembro ascenden a 2.365 millóns de euros, que percibirán máis de 700.000 agricultores e gandeiros. Nos anticipos inclúese o pago básico, o pago verde, pagos desacopladas e axudas asociadas en explotacións de leite, ovino, caprino e ganderías de carne con vacas nodrizas, entre outros.

O Ministerio precisa que o pago de anticipos pode realizarse en todas as comunidades autónomas, “aínda que trátase dunha decisión que debe tomar cada comunidade”.

As comunidades que solicitaron o pago de anticipos son Andalucía, Baleares, Castilla y León, Castilla La Mancha, Extremadura, Murcia, Navarra y Comunidad Valenciana.

Por isto, En Marea ven de rexistrar unha pregunta no parlamento galego onde lle preguntaremos a Xunta de Galicia cal foi o motivo polo que non solicitou o adianto.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.