Hoxe, En Marea, enmendou e apoiou a moción do PSdG na que se pedía unha mellora nas condicións laborais dos e das axentes forestais e medioambientais de Galiza.

A Xunta segue a ignorar as demandas deste colectivo deixando pasar os días, namentres estamos na campaña de alto risco de incendios forestais, e o conflito continúa sen resolver, polo que dende En Marea temos que preguntar que pensa facer o goberno galego con estas/es axentes.

O PP, para variar, dávos as costas e vota en contra, pero nós, insistimos coma os carneiros e tiramos cara adiante porque vós, nos lumes e na protección do medio, non sodes o problema, sodes a solución!!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.