A campaña da PAC comenza no mes de febreiro mediante a aprobación da denominada como Orde da PAC. No ano 2017, dende a Consellería de Medio Rural, prometíanse moi felices cos cambios anunciados pola Conselleira, o anunciar que ían incrementarse os fondos e os beneficiarios en máis de 2.000 respecto ao ano anterior.

O calendario de pagos comeza oficialmente o 16 de outubro, co denominado como anticipo da Política Agrícola Común e pódese cobrar ata o 70% neste adianto.

O pasado ano 2017, Galiza foi das últimas (aínda se está a pagar agora en algúns casos) e pagou 20 millóns de euros menos que o ano anterior.

Hoxe, na comisión, En Marea propuxo adiantar os pagos da PAC como fan noutras comunidades autónomas e facelo efectivo na primeira data posible, e non como fixeron no pasado ano 2017.

Xa sabedes quen votou en contra…

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.