Por desgraza, o presaxio de En Marea cumpriuse, e agora temos todos os castiñeiros de Galiza inzados destra praga.

A avispilla do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus) foi detectada por primeira vez en Galicia no 2014. Este pequeno insecto é orixinario de China e do mesmo xeito que a vespa Velutina, xa invadiu todo o país.

A avispilla do castiñeiro pode matar os castiñeiros máis novos nas zonas cunha gran incidencia da praga. Esta especie forma agallas dificultando a formación das novas ramas, traendo consigo unha diminución moi importante nalgúns casos da produción de madeira e froito.

Para combatela, a vía máis eficaz na actualidade é a loita biolóxica. Consiste en combater ao insecto coa solta dun parasitoide da praga, outra avespa chamada Torymus sinensis. Esta avespa “boa” cómese os ovos da avispilla do castiñeiro e mantena controlada evitando a súa rápida proliferación.

O sector pediu unha solta masiva da Torymus sinensis, tal e como fixeron en Italia e Francia. Cando se trata de loita biolóxica, a rapidez da aplicación do tratamento é fundamental á hora de reducir as perdas económicas causadas polas pragas. A expansión da presente praga foi moi rápida, sen que as medidas tomadas até o de agora pola consellería de Medio Rural se demostraran efectivas para detela.

Polo tanto vimos de preguntarlle a Xunta de Galicia que actuacións se teñen desenvolvido até o de agora para o control da avispilla do castiñeiro, se están informando a concellos e a produtores/as de onde se está a realizar a solta, os gastos derivados destas actuacións, si existe algún convenio de colaboración asinado con algunha empresa para facer fronte á expansión da praga, si existe previsión de ser produtores de Torimus Sinensis para non ter que depender de terceiros a hora de adquirilo ou se prevén o pago de indemnización aos produtores de castaña afectados pola praga.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.