Hoxe, na comisión especial de incendios forestais temos con nos o Fiscal de Medio Ambiente en Galicia, e veu a falarnos do decreto de arquivamento das dilixencias de investigación penal da fiscalía referente os lumes. Este decreto di textualmente:

O arquivamento das dilixencias de investigación penal, por canto a investigación realizada sobre os numerosos incendios orixinados non permite afirmar que obedezan a unha iniciativa criminal complexa de grupos con intencionalidade que persigan obxectivos supraindividuais, senón de autores ou partícipes que aproveitando as circunstancias climatolóxicas derivadas do vento, humidade e temperatura, utilizan o lume como ferramenta de xestión forestal, motivos persoais, piromanía ou outros menos relevantes; supostos individualizados de exclusiva competencia dos xulgados instrutores correspondentes.

Dende En Marea puxémolo de manifesto dende hai tempo. Non exite terrorismo incendiario!!
Non obstante a Xunta de Galicia, optou por xestionar antes a opinión pública a través da manipulación informativa e ocultar a realidade, a recoñecer a súa incompetencia na xestión da vaga de lumes.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.